Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Sábado, 25 de maio de 2019
Exemplares de porco celta en réxime extensivo
USC, Deputación de Lugo e Asoporcel impulsan unha explotación experimental de cría de porco celta na finca Gayoso-Castro
Actualizada: 24-05-19 17:40
A USC e a Deputación Provincial de Lugo impulsan xunto coa Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel) a creación dun centro experimental de porcino orientado cara a cría e reprodución da raza porco celta na finca Gayoso-Castro, no concello de Castro de Rei, segundo se recolle no protocolo acordado entre as tres entidades e que foi aprobado este venres pola Xunta de Goberno da institución provincial ... [máis]
Imaxe de arquivo de Miguel López
Miguel López recibe un novo premio da Sociedade Europea de Endocrinoloxía
Actualizada: 24-05-19 12:50
O coordinador do grupo de investigación NeurObesity da USC, Miguel López, acaba de recibir o premio Jens Sandahl Christiansen que concede a Sociedade Europea de Endocrinoloxía na categoría de investigación básica. Entregado no marco do Congreso Europeo de Endocrinoloxía celebrado esta semana en Lyon, o galardón recoñece a súa traxectoria profesional no campo da endocrinoloxía, como investigador menor de 45 anos que ten contribuído de xeito ... [máis]
Foto de arquivo de Sebastián Villasante
O profesor Sebastián Villasante asesorará ao Comité Científico Técnico e Económico da Pesca na Unión Europea
Actualizada: 24-05-19 16:24
O profesor Sebastian Villasante, do Departamento de Economía Aplicada da USC, acaba de ser seleccionado como asesor do Comité Científico Técnico e Económico da Pesca da Comisión Europea (STECF polas súa denominación en inglés). Este é o órgano consultivo encargado de brindar asesoramento científico-técnico en materia biolóxica, económica, social e institucional sobre a aplicación da Política Pesqueira da Unión Europea.
<br  ... [máis]
Ao acto de entrega de premios acudiron aproximadamente 300 estudantes dos centros educativos que presentaron os 30 mellores pósteres
O concurso ‘A táboa periódica e Galicia’ entregou este venres os seus premios
Actualizada: 24-05-19 16:21
A Facultade de Química acolleu este venres a entrega de premios do Concurso de carteis ‘A táboa periódica e Galicia’, do que resultou gañador o póster ‘O Radon e a súa importancia’, presentado po alumnado do IES Rosais 2 de Vigo, e que forma parte do conxunto de actividades organizadas por este centro co gallo do Ano Internacional da Táboa Periódica. O traballo, recoñecido cun premio en metálico de ... [máis]
Cartel da convocatoria cuxo prazo de presentación remata o 14 de xuño
O IGFAE lanza a súa primeira edición de Bolsas de verán
Actualizada: 24-05-19 12:50
O IGFAE lanza a primeira edición do seu programa de bolsas de verán de inicio á investigación, ofrecendo dez axudas dirixidas a estudantes de grao que desexen ter a súa primeira experiencia investigadora. As persoas beneficiarias realizarán prácticas formativas extracurriculares e terán asignado un proxecto de investigación nunha das áreas de investigación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ... [máis]
Iria Pinheiro, no encontro con alumnado do Colexio San José de Lugo celebrado na Casa do Saber
Iria Pinheiro achega a estudantes de ensino medio á realidade da violencia de xénero cun debate sobre ‘Anatomía dunha serea’
Actualizada: 24-05-19 14:06
A actriz compostelá Iria Pinheiro participou este venres na Casa do Saber nun encontro aberto con preto de medio centenar de estudantes de ensino medio no Colexio San José de Lugo, no marco do que conduciu un talk-show sobre o espectáculo ‘Anatomía dunha serea’, a través do que achegou a realidade da problemática da violencia e da violencia de xénero ao público asistente. A sesión conducida ... [máis]
Portada dun dos volumes que integran a colección
O grupo de investigación Valle-Inclán da USC edita a colección do escritor galego que comeza a publicar este domingo La Voz de Galicia
Actualizada: 24-05-19 13:20
O grupo de investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) coordina a colección de 14 obras sobre Ramón del Valle-Inclán que La Voz de Galicia distribuirá a partir do vindeiro domingo 26. Trátase dunha iniciativa que inclúe a edición de textos de narrativa, teatro e poesía coordinada polo equipo que dirixe a profesora Margarita Santos, e que tamén integran Javier Serrano, Rosario Mascato, Adriana Abalo, ... [máis]
Iria Fernández Silva, no parque Rosalía de Castro de Lugo. Foto de X. Ponte
A viola luguesa Iria Fernández Silva ofrece este luns un concerto na Casa do Saber no ciclo de novos talentos ‘Na Calzada’
Actualizada: 24-05-19 13:43
A viola luguesa Iria Fernández Silva ofrecerá este lusns 27 de maio, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Vibrando en catro cordas’, no que esta artista luguesa que xa se ten convertido nun valor en alza no ámbito da música de cámara, interpretará un amplo repertorio. O concerto que ofrecerá esta música nada no barrio lugués da Milagrosa encádrase ... [máis]
Un curso de verán analizará as adiccións químicas e psicolóxicas
Un curso de verán analizará as adiccións químicas e psicolóxicas
Actualizada: 24-05-19 11:10
As adiccións químicas e psicolóxicas no século XXI: Avances en avaliación, tratamento e xestión’ é o título do curso de verán que se desenvolverá no Edificio Docente Roberto Novoa Santos entre os días 11 e 14 de xuño. O prazo para inscribirse remata o 31 de maio.

Dirixido por Mª del Carmen Del Río Nieto e Emilio Rubén Pego Pérez, o curso pretende analizar esas adiccións no contexto da valoración psicolóxica, bases psicolóxicas e neurobiolóxicas, xestión, técnicas comunicativas e terapias ... [máis]
O pianista compostelán Javier López Jorge ofrece un concerto o martes no Paraninfo
O pianista compostelán Javier López Jorge ofrece un concerto o martes no Paraninfo
Actualizada: 24-05-19 10:32
O pianista Javier López Jorge interpretará obras de Beethoven e Shumann o vindeiro martes 28 nun concerto a celebrar ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade.

Nado en Compostela en 1988, Javier López comeza os estudos de piano con 8 anos. Logo de estudar no conservatorio profesional de música de Santiago, en 2006 accede ao grao superior de música no Conservatorio Superior de Salamanca ... [máis]
A xustiza, a través do método do caso, tema dun curso de verán da USC na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo
A xustiza, a través do método do caso, tema dun curso de verán da USC na Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo
Actualizada: 24-05-19 09:39
A análise e o coñecemento do mundo da xustiza a través do método do caso centra a temática dun curso de verán da USC que se desenvolverá do 17 ao 21 de xuño na Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo baixo o título ‘ Unha viaxe polo mundo da xustiza baseada no método do caso’. Estruturado en 27 horas lectivas, este curso de verán da USC, dirixido por Marta Peraleda Viñas e Susana Vázquez Mariño, pretende ser un foro acaído ... [máis]
Imaxe de arquivo da Sala de Estudo da Facultade de Dereito
A USC reforza a súa oferta de postos de estudo en época de exames con 440 novas prazas en Dereito
Actualizada: 23-05-19 14:09
O alumnado da USC contará con 440 novos postos de estudo na Facultade de Dereito durante as próximas fins de semana e festivos. A medida pretende reforzar a oferta de prazas que a USC pon a disposición do alumnado durante o período de exames e, particularmente, atender a demanda nos momentos de maior ocupación na Biblioteca Concepción Arenal durante o período de apertura en horarios extraordinarios ... [máis]
A xuntanza de lanzamento celebrouse en Dublin con representación das distintas universidades e socios industriais implicados
O grupo de Biotecnoloxía Ambiental participa nunha rede internacional de investigadores pre-doutorais para avaliar o impacto do cambio climático sobre a seguridade alimentaria
Actualizada: 24-05-19 09:30
A profesora Almudena Hospido e o investigador Miguel Mauricio, ambos do grupo de Biotecnoloxía Ambiental, participan este xoves e o venres 24 en Dublín na xuntanza de lanzamento da Innovative Training Network PROTECT, rede de investigadores pre-doutorais que coordina o University College of Dublin para avaliar o impacto do cambio climático sobre a seguridade alimentaria. Esta é unha acción Marie Sklodowska ... [máis]
Bermejo Patiño, na súa intervención na Facultade de Ciencias
Estudantes de ensino medio de Narón, Poio e Santiago gañan o concurso de vídeos ‘O meu elemento’ da Facultade de Ciencias
Actualizada: 23-05-19 12:19
Estudantes do CPR Santiago Apóstolo de Narón gañaron ao primeiro premio, dotado con 300 euros en metálico, do concurso ‘O meu elemento’, un certame promovido pola Facultade de Ciencias do campus de Lugo, a través da súa comisión de normalización lingüística, o grupo de innovación docente CienciaNosa e o Sistema de Normalización Lingüística da USC, para sumarse á celebración de 2019 como Ano Internacional do& ... [máis]
Cartel do Campus
A USC organiza coa SD Compostela un Campus de Verán de fútbol
Actualizada: 23-05-19 13:03
Rapaces e rapazas de 4 aos 16 anos son os destinatarios do Campus de Verán de fútbol que organiza a USC coa colaboración da SD Compostela a comezos do vindeiro mes de xullo. A inscrición xa se pode formalizar nas oficinas do club compostelán no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ou a través do correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com. O Campus desenvolverase entre os días 1 e 5 de xullo no campo da USC, en horario de  ... [máis]
A Axenda 2030, a análise nun curso de verán en xuño en Santiago
A Axenda 2030, a análise nun curso de verán en xuño en Santiago
Actualizada: 23-05-19 10:55
Do 11 ao 13 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais terá lugar un curso de verán no que se reflexionará sobre a Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, con especial atención ao enfoque baseado nos dereitos humanos.

Neste marco, o curso ‘ A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e os dereitos humanos: Oportunidades e desafíos para a erradicación da fame e o logro da igualdade de xénero’ examinará o papel que xoga a cooperación internacional para o desenvolvemento na consecución deses obxectivos ... [máis]
A pegada humana e a sustentabilidade do planeta, a debate no marco dun curso de verán da USC no campus de Lugo
A pegada humana e a sustentabilidade do planeta, a debate no marco dun curso de verán da USC no campus de Lugo
Actualizada: 23-05-19 09:52
A análise, o coñecemento e o debate como o rápido aumento da poboación mundial, xunto co desenvolvemento tecnolóxico industrial, agrícola, gandeiro... están a levar a unha diminución dos recursos naturais, á contaminación do aire, da auga e do chan, á extinción de especies, e á erosión e desertización, entre outros impactos negativos sobre a Terra constitúe os obxectivos do curso de verán ‘ A pegada humana e a sustentabilidade do planeta: por que non reaccionamos?’. ... [máis]
Entada da biblioteca Intercentros do campus de Lugo da USC
A USC, á cabeza da universidade española en I+D+i, transferencia de coñecemento e pegada internacional, segundo a Fundación CyD
Actualizada: 22-05-19 13:07
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantense entre as universidades públicas españolas con mellor taxa de rendemento nos eidos da investigación e transferencia de coñecemento, no que atinxe a concesións de patentes, ingresos por licencias, publicacións interdisciplinares e internacionais, así como en captación e liquidación de fondos, segundo se deprende do último ránking sobre as universidades ... [máis]
O encontro desenvolveuse no edificio Emprendia e contou coa intervención do director da AVTE, José L. Villaverde
O Clúster Transfronteirizo Biotecnolóxico prepara a súa estratexia de internacionalización
Actualizada: 22-05-19 13:51
O Clúster Transfronteirizo Biotec-nolóxico (CT-Bio) reuniuse no edificio Emprendia da USC para realizar un workshop e unha xuntanza de socios na que trazaron as liñas de futuro do Clúster e a estratexia de internacionalización, entre outros asuntos. No encontro, no que participaron todos os socios (USC, Universidade do Minho, BIOGA, P-Bio, Zona Franca de Vigo e o Laboratorio Internacional de Nanotecnología ... [máis]
Aberto o prazo de inscrición para a programación de xuño e xullo da Área de Deportes en Santiago e Lugo
Aberto o prazo de inscrición para a programación de xuño e xullo da Área de Deportes en Santiago e Lugo
Actualizada: 22-05-19 12:34
A área de Deportes mantén abertos os prazos de inscrición para diversas actividades de verán, entre elas a escola de natación de actividades acuáticas de xuño e os curso de verán, tanto de Santiago como de Lugo.

Dentro da programación da Escola de natación, as persoas interesadas poderán inscribirse en Aquagym para adultos e cursos específicos para nados en 2004 ou anteriores, para nenos nacidos entre  ... [máis]
Urbano Fra Paleo, nunha imaxe de arquivo. Foto de Xoán A. Soler
Un investigador do LaboraTE da USC desmonta o paradigma do ciclo da xestión do desastre tras estudar o Xapón contemporáneo
Actualizada: 21-05-19 11:46
Un estudo que vén de publicar o investigador do LaboraTE e profesor da materia de riscos naturais e antrópicos no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MasTerra) da USC Urbano Fra Paleo na revista ‘ PLoS ONE’ desmonta as claves nas que se apoia o paradigma do ciclo da xestión do desastre, unha teoría aínda dominante na xestión do territorio e que mantén que as catástrofes ou desastres van ... [máis]
Captura do web da USC
A USC amplía o número de servizos ofrecidos en .gal
Actualizada: 22-05-19 09:02
A USC completou o proceso para que o web institucional e outros sitios principais existentes na actualidade baixo o dominio usc.es estean operativos tamén baixo usc.gal. É o caso de xornal.usc.gal, tv.usc.gal ou ocartafol.usc.gal, entre outros. En breve, sumaranse a esta lista o Portal do Empregado ou a Sede Electrónica da USC, lugar web que require que a modificación do enderezo sexa publicada no  ... [máis]
A intensa relación de Antonio Fraguas coa USC, nunha exposición na Facultade de Xeografía e Historia
A intensa relación de Antonio Fraguas coa USC, nunha exposición na Facultade de Xeografía e Historia
Actualizada: 21-05-19 10:25
Ata o 3 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia pode visitarse a exposición ‘Antón Fraguas: por e para Galicia’ organizada pola biblioteca do centro co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Sita no segundo andar (no acceso ao claustro desde a biblioteca), a mostra focalízase na relación de Antonio Fraguas coa que era a Facultade de Filosofía e Letras: o seu paso como alumno ... [máis]
Cartaz e programa do II Bioblitz Ancares-Courel
A Estación Científica do Courel promove os días 15 e 16 de xuño un Bioblitz para amosar á cidadanía a rica biodiversidade da zona
Actualizada: 20-05-19 14:53
A Estación Científica do Courel celebrará os días 15 e 16 de xuño a segunda edición do Bioblitz Ancares-Courel, unha actividade entendida como experiencia de turismo científico ou prospección intensiva da biodiversidade, a través da que os seus promotores pretende achegar á cidadanía as potencialidades e a riqueza natural e paisaxística deste enclave da montaña luguesa. O II Bioblitz Ancares-Courel, unha iniciativa ... [máis]
Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC
A USC reforza a oferta académica da Facultade de Ciencias de Lugo co título de Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos
Actualizada: 16-05-19 13:34
A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC impartirá o próximo curso 2019-20 un Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos (Mepa), un novo título de posgrao desenvolvido en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a fin de adaptar o deseño do programa formativo coas necesidades profesionais e recomendacións das empresas do sector, para o que a USC ofertará un máximo de 25 prazas de matrícula. O máster  ... [máis]
Preséntase en Historia a obra <em>Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos</em>, de Andrés Gaos
Preséntase en Historia a obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos
Actualizada: 14-05-19 11:46
A Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle este mércores 15 ás 19.00 horas a presentación da obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos, partitura editada por AGADIC e Dos Acordes, co patrocinio da Xunta de Galicia, da que son autores Joam Trillo (ed. crítica) e Javier Garbayo (introdución).

Participarán no acto o decano ... [máis]
Cartaz do curso
O uso tradicional de plantas medicinais en Galicia centra un obradoiro do 7 ao 9 de xuño na Estación Científica do Courel
Actualizada: 14-05-19 09:09
A Estación Científica do Courel celebrará do 7 ao 9 de xuño un obradoiro intensivo sobre o uso tradicional de plantas medicinais en Galicia, un programa intensivo que será impartido pola licenciada en Farmacia pola USC María Moure Oteyza e a través do que o alumnado matriculado terá a oportunidade de identificar e coñecer os usos e aplicacións das plantas medicinais localizadas no Courel. ... [máis]
O reitor, Antonio López, preside a xuntanza da Comisión Reitora do Campus Terra na Vicerretoría de Coordinación de Lugo
O Campus Terra da USC adecua liñas estratéxicas e gobernanza para avanzar cara a excelencia nos eidos agrario e alimentario
Actualizada: 13-05-19 14:41
O reitor da USC, Antonio López Díaz, presidiu este luns na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo unha reunión da Comisión Reitora do Campus Terra da USC, o principal órgano de gobernanza deste campus temático de especialización, no marco da que se acordou afondar no redeseño ou adecuación dalgunhas das súas liñas estratéxicas, así como da súa estrutura de gobernanza, a fin de acadar unha organización ... [máis]