Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Martes, 21 de maio de 2019
No centro da imaxe, o reitor Antonio López e Alfonso Rueda, flanqueados polos outros dous reitores e a secretaría xeral de Igualdade Susana López Abella. Foto: Xunta
As universidades galegas súmanse ao desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
Actualizada: 21-05-19 14:42
Os reitores das tres universidades galegas, Antonio López, Julio Abalde e Manuel Reigosa e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron este martes os seus respectivos convenios para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

En virtude destes acordos -dotados con 100.000 euros cada un- as universidades desenvolverán medidas previstas ... [máis]
Urbano Fra Paleo, nunha imaxe de arquivo. Foto de Xoán A. Soler
Un investigador do LaboraTE da USC desmonta o paradigma do ciclo da xestión do desastre tras estudar o Xapón contemporáneo
Actualizada: 21-05-19 11:46
Un estudo que vén de publicar o investigador do LaboraTE e profesor da materia de riscos naturais e antrópicos no Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio (MasTerra) da USC Urbano Fra Paleo na revista ‘ PLoS ONE’ desmonta as claves nas que se apoia o paradigma do ciclo da xestión do desastre, unha teoría aínda dominante na xestión do territorio e que mantén que as catástrofes ou desastres van ... [máis]
Captura do web da USC
A USC amplía o número de servizos ofrecidos en .gal
Actualizada: 21-05-19 10:26
A USC completou o proceso para que o web institucional e outros sitios principais existentes na actualidade baixo o dominio usc.es estean operativos tamén baixo usc.gal. É o caso de xornal.usc.gal, tv.usc.gal ou ocartafol.usc.gal, entre outros. En breve, sumaranse a esta lista o Portal do Empregado ou a Sede Electrónica da USC, lugar web que require que a modificación do enderezo sexa publicada no  ... [máis]
Douscentos especialistas de toda España reúnense nas II Xornadas de Patrimonio Bibliográfico
Douscentos especialistas de toda España reúnense nas II Xornadas de Patrimonio Bibliográfico
Actualizada: 21-05-19 10:49
Os vindeiros días 6 e 7 de xuño desenvolveranse na USC, concretamente no salón de actos Nóvoa Santos da Facultade de Medicina, as II Xornadas de Patrimonio Bibliográfico, que reunirán na cidade preto de douscentos especialistas de primeira orde de toda España.

Organizadas polo grupo de traballo de Patrimonio Bibliográfico de REBIUN e a Universidade de Santiago de Compostela -con especial implicación da Biblioteca-, nas xornadas ... [máis]
A intensa relación de Antonio Fraguas coa USC, nunha exposición na Facultade de Xeografía e Historia
A intensa relación de Antonio Fraguas coa USC, nunha exposición na Facultade de Xeografía e Historia
Actualizada: 21-05-19 10:25
Ata o 3 de xuño na Facultade de Xeografía e Historia pode visitarse a exposición ‘Antón Fraguas: por e para Galicia’ organizada pola biblioteca do centro co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Sita no segundo andar (no acceso ao claustro desde a biblioteca), a mostra focalízase na relación de Antonio Fraguas coa que era a Facultade de Filosofía e Letras: o seu paso como alumno ... [máis]
Estudantes de ensino medio, de visita nun laboratorio da Facultade de Ciencias de Lugo, nunha imaxe de arquivo
‘Ciencia para novos investigadores’ achega esta semana máis de 100 estudantes preuniversitarios á Facultade de Ciencias de Lugo
Actualizada: 20-05-19 11:04
O ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado por docentes, investigadores e demais persoal da Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, achega esta semana ao centro universitario lugués máis dun centenar de estudantes de último curso da Eso procedentes do Ies Lucus Augusti e do Colexio María Auxiliadora ... [máis]
Cartaz e programa do II Bioblitz Ancares-Courel
A Estación Científica do Courel promove os días 15 e 16 de xuño un Bioblitz para amosar á cidadanía a rica biodiversidade da zona
Actualizada: 20-05-19 14:53
A Estación Científica do Courel celebrará os días 15 e 16 de xuño a segunda edición do Bioblitz Ancares-Courel, unha actividade entendida como experiencia de turismo científico ou prospección intensiva da biodiversidade, a través da que os seus promotores pretende achegar á cidadanía as potencialidades e a riqueza natural e paisaxística deste enclave da montaña luguesa. O II Bioblitz Ancares-Courel, unha iniciativa ... [máis]
Antón Costa, nun momento da recepción do recoñecemento
A colección ‘Biblioteca de Pedagoxía’ que dirixe o profesor Antón Costa, premio á Mellor Iniciativa bibliográfica
Actualizada: 20-05-19 12:38
O catedrático de Teoría e Historia da Educación Antón Costa Rico dirixe a Biblioteca de Pedagoxía, unha iniciativa da Editorial Kalandraka que acaba de ser recoñecida co premio á mellor Iniciativa bibliográfica na cuarta edición da Gala do libro Galego.

Esta colección acubilla ata o momento un total de oito títulos de relevancia dentro do ámbito específico de Pedagoxía agora traducidos ... [máis]
Cartel desta nova edición de Pint of Science
Intelixencia artificial, cambio climático ou memoria histórica, entre os temas que aborda unha nova edición de ‘Pint of Sciencie’ en Santiago
Actualizada: 20-05-19 11:49
María Cristina Rodríguez Fontenla e José Manuel C. Tubio, investigadores do CiMUS, e o catedrático Senén Barro Ameneiro abren este luns 20 unha nova edición de Pint of Science cunha serie de intervencións sobre tecnoloxía, concretamente sobre xenética e intelixencia artificial. A sesión desenvolverase a partir das 20.00 horas en A Nave de Vidán. Pint of Science é o festival de divulgación científica que propón un ... [máis]
A clasificación realízase tendo en conta a produción científica recollida nas bases de datos de Web of Science. Foto: RQ
A USC, repite entre as mellores universidade do mundo do ránking Leiden de produción científica
Actualizada: 20-05-19 14:46
A partir da análise dos datos bibliográficos de produción científica contidos en Web of Science, o ránking Leiden mantén un ano máis a USC entre as mil mellores universidades do mundo. A institución académica compostelá ascende á posición 446 da listaxe xeral, posicionándose como a 153 de entre as mellores de Europa e a décimo terceira das españolas. Como o propio ránking sinala, a clasificación inclúe 963 universidades ... [máis]
Cartaz da xornada
O Ibader da USC promove en Lugo unha xornada sobre a xestión e a conservación da biodiversidade en Parques Nacionais
Actualizada: 16-05-19 14:01
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) promove xunto coa Deputación Provincial de Lugo a celebración dunha xornada informativa e de divulgación sobre a xestión a conservación de Parques Nacionais. A sesión, que se se desenvolverá o 24 de maio, a partir das 17.00 horas, no lugués Pazo de San Marcos, contará como relatores cos directores do Parque Nacional Marítimo ... [máis]
Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC
A USC reforza a oferta académica da Facultade de Ciencias de Lugo co título de Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos
Actualizada: 16-05-19 13:34
A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC impartirá o próximo curso 2019-20 un Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos (Mepa), un novo título de posgrao desenvolvido en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), a fin de adaptar o deseño do programa formativo coas necesidades profesionais e recomendacións das empresas do sector, para o que a USC ofertará un máximo de 25 prazas de matrícula. O máster  ... [máis]
Participantes e organizadores da pasada edición do campus de verán XuvenCiencia
O VII Campus Científico Internacional de Verán XuvenCiencia supera as 300 inscricións, o dobre das prazas ofertadas
Actualizada: 16-05-19 14:08
A VII edición do Campus Científico Internacional de Verán Xuvenciencia vén de pechar a mellor preinscrición da súa historia con 305 alumnos/as solicitantes de praza, dos cales só os 150 primeiros/as preinscritos/as poderán participar neste programa divulgativo do Campus Terra da USC, cuxa primeira lista de admitidos/as vén de publicarse na súa páxina web. A organización de XuvenCiencia mandará un correo electrónico cunha ligazón ao alumnado seleccionado ... [máis]
Unha xornada explorará as posibilidades das tecnoloxías dixitais en Ciencias sociais e Humanidades
Actualizada: 20-05-19 14:47
A USC, coa colaboración do CiTIUS e xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), organiza a xornada de traballo ‘Tendendo pontes entre as Ciencias Sociais e Humanidades e as tecnoloxías dixitais’, actividade que procura explorar o valor da colaboración entre dúas áreas de coñecemento aparentemente afastadas. A xornada celebrarase a vindeira semana, o xoves 23, no Salón de Actos da Facultade ... [máis]
Preséntase en Historia a obra <em>Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos</em>, de Andrés Gaos
Preséntase en Historia a obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos
Actualizada: 14-05-19 11:46
A Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia acolle este mércores 15 ás 19.00 horas a presentación da obra Aires Gallegos e Nuevos Aires Gallegos, de Andrés Gaos, partitura editada por AGADIC e Dos Acordes, co patrocinio da Xunta de Galicia, da que son autores Joam Trillo (ed. crítica) e Javier Garbayo (introdución).

Participarán no acto o decano ... [máis]
Cartaz do curso
O uso tradicional de plantas medicinais en Galicia centra un obradoiro do 7 ao 9 de xuño na Estación Científica do Courel
Actualizada: 14-05-19 09:09
A Estación Científica do Courel celebrará do 7 ao 9 de xuño un obradoiro intensivo sobre o uso tradicional de plantas medicinais en Galicia, un programa intensivo que será impartido pola licenciada en Farmacia pola USC María Moure Oteyza e a través do que o alumnado matriculado terá a oportunidade de identificar e coñecer os usos e aplicacións das plantas medicinais localizadas no Courel. ... [máis]
O reitor, Antonio López, preside a xuntanza da Comisión Reitora do Campus Terra na Vicerretoría de Coordinación de Lugo
O Campus Terra da USC adecua liñas estratéxicas e gobernanza para avanzar cara a excelencia nos eidos agrario e alimentario
Actualizada: 13-05-19 14:41
O reitor da USC, Antonio López Díaz, presidiu este luns na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo unha reunión da Comisión Reitora do Campus Terra da USC, o principal órgano de gobernanza deste campus temático de especialización, no marco da que se acordou afondar no redeseño ou adecuación dalgunhas das súas liñas estratéxicas, así como da súa estrutura de gobernanza, a fin de acadar unha organización ... [máis]