Saltar ao contido principal
Xornal

O terceiro Ciclo de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres dedicaráselle a Lydia Zapata

Actualizada: 21-03-2019 10:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Unha decena de mulleres arqueólogas chegadas de todas as partes do mundo participarán o 25 de abril na terceira edición do Ciclo ARCH-BOT de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres, nesta ocasión dedicado á memoria da investigadora vasca Lydia Zapata, unha das mellores especialistas europeas en Paleobotánica finada en 2015.

Organizado polo grupo GEPN-AAT da USC e coordinado por María Martín-Seijo, o encontro desenvolverase no Salón de Actos do Pazo de San Roque coa intervención inaugural de Leonor Peña-Chocarro, do CSIC. A partir de aí e durante todo o día sucederanse relatorios de expertas de universidades e centros científicos de España, Alemaña, Rusia, Dinamarca ou Inglaterra.

Entre outras cuestións, estas especialistas disertarán acerca dos mitos e verdades sobre a orixe da agricultura no Oriente Próximo, mulleres e agricultura, plantas rituais no Sur de Exipto, arqueoloxía da sostibilidade ou Arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres.