Saltar ao contido principal
Xornal

Este mércores remata o 14 Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía

Actualizada: 16-04-2019 10:27
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A décimo cuarta edición do congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía (SIEF) chega ao seu fin este mércores 17 con diversas sesións de paneis entre os que destacan algúns dedicados á transformación dos afectos e os seus usos nas novas formas de facer política, as interseccións entre o patrimonio e a produción audiovisual ou as novas expresións da relixiosidade.

A tarde desa xornada dedicarase ao evento de peche do congreso no Auditorio de Abanca, que comezará ás 16.00 horas cun relatorio de Barbara Kirshenblatt-Gimblett titulada, profesora emérita da New York University e investigadora en museos xudeus de Viena, Berlín e Moscú, que analizará os museos non só como axentes de conservación senón de transformación.

A esta introdución seguiralle una mesa redonda diferente, co xogo, a evocación e a materialidade como recurso, titulada ‘ The materiality of transformations: listening to objects’ e na que participarán, ademais de Barbara Kirshenblatt-Gimblett, as profesoras Regina Bendix (Universidade de Göttingen), Dorothy Noyes (Universidade de Ohio) e Sharon Roseman (Memorial University, Canadá).