Saltar ao contido principal
Xornal

Matemáticas para loitar contra o cancro e outras enfermidades

Actualizada: 02-05-2019 13:31
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor do Departamento de Ecuacións Diferenciais e Análise Numérica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Sevilla Enrique Fernández-Cara imparte estes días na USC a conferencia ‘Usando matemáticas para loitar contra o cancro e outras enfermidades’. O relatorio terá lugar na Aula Magna da Facultade este xoves 2 ás 12.00 horas e o venres 3 ás 10:00 horas.

A intervención, enmarcada no ciclo de conferencias divulgativas celebradas no International Congress on Industrial and Applied Mathematics (ICIAM2019), organízaa a Facultade de Matemáticas xunto con a Sociedad Española de Matemática Aplicada (SEMA) e AGAPEMA. Aínda que as conferencias están pensadas inicialmente para estudantes de ensino medio, fíxose extensivo o convite ás persoas interesadas atendendo a suxestión do relator.

Na conferencia explicarase como poden axudar as Matemáticas á detección e terapia do cancro, que ferramentas e técnicas deben ser utilizadas e que retos matemáticos e médicos aparecen. Ademais, mostrarase que a actividade científica que hai detrás destes avances pode ser exportada a outros ámbitos e permitir igualmente axudar no tratamento doutras enfermidades.

Á sesión de hoxe agárdase a asistencia de alumnado do CPI de Vedra, do IES de Valga e do IES Parga Pondal, que tamén estará mañá venres.