Saltar ao contido principal
Xornal

Concerto de Climacus Ensemble no Paraninfo da Universidade

Actualizada: 02-05-2019 11:27
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A formación Climacus Ensemble formada pola violinista Cristina Sánchez de la Fuente, a cello María Fernández Castillo e a pianista compostelá Lara Martínez Taboada ofrecerá este venres 3 ás 20.30 horas un concerto no Paraninfo da Universidade con obras de Robert Schumann e César Franck.

limacus Ensemble, nacida en 2016 na Universidade Afonso X O Sabio (Madrid), comezou a traballar co mestre e concertista Giuseppe Devastato, e actualmente o fan co violonchelista Iván Siso.

O seu desenvolvemento artístico enriqueceuse co consello de músicos como Benedicte Palko e con recoñecidos directores de orquestra como Konrad Von Abel, Miguel Romea ou Andrés Salado. En 2017 foron semifinalistas no Concurso Piano Meeting celebrado en Ourense.