Saltar ao contido principal
Xornal

Filosofía reúne aos seus docentes que teñen prologado obras da colección Clásicos do Pensamento Universal

Actualizada: 02-05-2019 14:19
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Filosofía acolle este xoves un acto de presentación das obras da colección Clásicos do Pensamento Universal que contaron como prologuistas a docentes deste centro compostelán. O acto comezará ás 19.00 horas presentada polo decano, o profesor Marcelino Agís Villaverde.

Concretamente, os docentes deste centro que teñen colaborado coa colección promovida pola Fundación BBVA e a USC son Carlos Baliñas Fernández (Platón: Teeteto); Andrés Torres Queiruga (Tomás Moro: Utopía); María Xosé Agra Romero (Th. Hobbes: Leviatán); Uxía Rivas Monroy (Ch. S. Peirce: Semiótica); Juan Vázquez Sánchez (K. Popper: A lóxica da descuberta científica).

Clásicos do pensamento Universal
Creada en virtude dun convenio entre a Fundación BBVA e a USC, esta colección edita dende 2002 traducións á lingua galega realizadas dende a lingua orixinal por especialistas na materia, daquelas obras do pensamento científico, humanístico ou social que representaron fitos indubidables na historia intelectual do ser humano.

Platón, Aristóteles, Séneca, Maquiavelo, Erasmo, Mouro, Newton, Lavoisier, Beccaria, Darwin, Bernard, Von Neumann, Popper, MacLuhan son algúns dos autores que con esta iniciativa poden lerse agora en galego grazas ás traducións críticas sempre precedidas pola introdución dun especialista.  A colección, dirixida polo profesor Darío Villanueva, conta cun comité científico, que se reúne anualmente.