Saltar ao contido principal
Xornal

Un proxecto de Educación Infantil co CEIP de Vite pon en valor a diversidade lingüística e cultural dos centros educativos

Actualizada: 07-05-2019 10:12
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O alumnado do Grao de Mestre en Educación infantil recibirá este mércores 8 ás 12.00 horas na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) ao alumnado e profesorado de Educación infantil do CEIP de Vite. As estudantes da materia de Educación e Linguas en Galicia prepararon unha selección de actividades lingüísticas que veñen deseñando neste segundo semestre en colaboración co profesorado do centro de Vite coa coordinación da mestra Teresa Márquez Fernández.

Así mesmo, os nenos e nenas de infantil serán os encargados de entregar os premios ao alumnado universitario por un exercicio no que tiveron que preparar unha reflexión persoal sobre a súa biografía lingüística en diferentes formatos.

Esta acción colaborativa ten como obxectivo prioritario poñer en valor a diversidade lingüística e cultural presente nos centros educativos, tanto na etapa infantil como na universitaria e establecer marcos de relación entre os diferentes actores sociais implicados na educación.