Saltar ao contido principal
Xornal

Deportistas da USC acadan destacados resultados nos campionatos universitarios de orientación, atletismo e Taekwondo

Actualizada: 07-05-2019 10:13
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os equipos masculino e feminino de Orientación da USC remataron en segunda posición o Campionato Galego Universitario disputado esta pasada fin de semana en Cenlle (Ourense). O equipo feminino estivo integrado por Laura Garrido Martínez (3ª clasificada en modalidade individual), Cristina Susana González Fernández (4ª) e Concepción González Bello (5ª), mentres que no masculino competiron Miguel Ramón Pernas (3º), Eugenio Rodríguez Núñez (4º) e Alejandro Victorero Domínguez (7º).

Nos campionatos de España universitario, nestes últimos días disputáronse os correspondentes a atletismo, Taekwondo e kárate con destacados resultados dos/as deportistas da USC. Así, no de Taekwondo Valeria Fuenteseca Legide proclamouse subcampioa na categoría -67kg , mentres que Diego Rosón Sánchez acadou o bronce en -63kg. En modalidade mixta, Valeria Fuenteseca e Sandro Caeiro ascenderon á quinta posición. A estes resultados súmase o noveno posto acadado por Luís Reiriz González (técnica individual) e Sandro Caeiro en poosae.

En atletismo Javier García Fernández ascendeu ao terceiro lugar do podium en 100 metros lisos, mentres que Iago Núñez Lugilde (400 mv) e Fernando Vales Ferreira (800 ml) remataron na cuarta posición. Xiana González Estévez (200 ml) e Mar Chillón Camaño (5000 metros marcha) remataron a competición en sexta posición; Alexander Barreiro Pérez foi sétimo en triplo salto; Raúl Rodríguez Álvarez, oitavo en martelo; Santiago Rozas Trastoy, noveno en 110 metros vallas; e Mónica Álvarez Alonso, novena en 800 ml.