Saltar ao contido principal
Xornal

As cuartas Xornadas de Novas Narrativas abordarán a ‘Banda deseñada galega e intermedialidade’

Actualizada: 07-05-2019 10:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel das xornadas

A cuarta edición das Xornadas de Nova(s) Narrativa(s) celebraranse este mércores 8 no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia dedicadas ao tema ‘Banda Deseñada Galega e Intermedialidade’. Esta é unha iniciativa do grupo de Teoría da literatura e literatura comparada e que está dirixida por Antonio Gil González e Xulio Carballo.

O programa comezará ás 11.00 horas coa mesa ‘Da novela á banda deseñada’ na que se darán cita Manel Cráneo, autor e editor de banda deseñada (BD), e o escritor Xavier Alcalá. A partir das 12.30 horas, a escritora Yolanda Castaño e o profesor e divulgador de BD Xulio Carballo protagonizan a mesa dedicada ao tema ‘Da poesía á banda deseñada’.

Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, o programa reanudarase coa presentación de ‘Os pioneiros da BDG 1971-1979’ de Xulio Carballo nun acto presentado po Kenya Pineda. Para completar a estas cuartas xornadas, Patricia Val Antelo presentará a mesa dedicada a analizar a relación entre BD e videoxogos, coa intervención de Jorge F. Peral, autor de BD e artista de videoxogos.