Saltar ao contido principal
Xornal

Universidade e sociedade salientan a colaboración como impulso necesario para afrontar os retos inmediatos e de futuro

O reitor Antonio López e a presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, clausuran en Lugo un foro que afonda nas conexión entre sociedade e universidade

Actualizada: 07-05-2019 15:13
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita, Méndez, Lopez, García, Valcárcel, Varela e Gómez, na Casa do Saber de Lugo

O reitor da USC, Antonio López, salientou a vontade da USC de potenciar a súa conexión coa sociedade para reverter nela todos os investimentos recibidos. Antonio López fixo esta reflexión na sesión de clausura do foro ‘Lugo cara o futuro’, un acto no que tamén defendeu que a USC é tamén a universidade de Lugo ao tempo que compromiso de traballar para potenciar a sede universitaria luguesa no lugar que merece e como referente que é en moi diversos ámbitos.

 

O reitor Antonio López tamén tivo palabras de agradecemento para as administracións públicas que permiten o financiamento da USC, ademais de colaborar na organización de tarefas de dinamización cultural ou de transferencia de I+d+i ao sector produtivo. López, que estivo acompañado na sesión de clauura da presidenta de El Progreso, Blanca García Montenegro, salientou asemade o éxito desta iniciativa, a través da que Universidade e empresas abordaron este martes na Casa do Saber de Lugo algún dos aspectos que cómpre ter en conta para avanzar cara un futuro máis próspero e con maiores cotas de benestar.

 

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, abriu o foro ‘Lugo cara o futuro’, unha sesión promovida pola USC con colaboración con El Progreso, e a través do que diferentes investigadores e técnicos do campus de Lugo, ademais de representantes e directivos de empresas, presentaron algunhas das iniciativas que se están a desenvolver, ao tempo que apuntaron algún dos restos que cómpre afrontar máis cedo que tare para avanzar cara unha sociedade máis sustentable e mellor.

 

A técnico da Oficina e Investigación e Tecnoloxía da USC no campus lugués Dolores Vega abriu a quenda de intervencións cunha exposicións dalgúns retos que ten por diante o campus de Lugo e entre os que se atopa a elaboración dun novo plano estratéxico do Campus Terra que posibilite a súa conformación como campus especializado e de referencia do sector primario en Galicia, especialmente nos substectores agrícola, gandeiro, forestal, alimentario.

 

A posta en valor dos recurxos xa existentes, tanto en formación, como en I+D+i, e o seu reforzo e potenciación coa futura oferta dun mestrado en produción primaria e ecolóxico, así como con formación a demanda, específica e incluso con doutoramento industrial orientado a investigadores con vocación de emprendemento son outras das accións a desenvolver no futuro inmediato, un período no que tamén se antolla pertinente ofrecer unhas liñas de I+D proactivas e sensibles coas necesidades advertidas no sector agroindustrial.

 

A nova creación da agrupación estratéxica de investigación do Campus Terra da USC BioReDes, e a implicación directa do campus de Lugo nos polos de innovación dixital en agricultura, así como no polo de innovación dixital impulsado polo Bioga, que prevé ofrecer servizos as cadeas de valor de biotecnoloxía, saúde, agroalimentario, forestal e industria do mar, sumado a próxima apertura da Granxa Experimental do Campus Terra son outros dos fitos que ten por diante a sede universitaria luguesa.

 

A perspectiva de futuro que mantén para Lugo a súa sede universitaria coincide en grande medida coas perspectivas achegadas tanto pola responsables das empresas que participaron no faladoiro sobre o sector primario, unha sesión moderada polo subdirector de El Progreso, Tito Diéguez.

 

O xerente de Adegas Moure, Evaristo Rodríguez; o director da fábrica de Lactalis en Vilalba, Javier Pozueta; o presidente da asociación LugoMadera, Daniel Díaz Ramos, e Amalia Fernández Cruz, de Pescados Rubén, e Elena López Colmenero, da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias, completaron a quenda de intervencións nun foro no que tamén se fixo fincapé na necesidade de avanzar na mellora da organización e no deseño dunha estratexia para o sector primario.

 

Mobilidade e novas tecnoloxías

O xornalista Arsenio Coto moderou de seguido un coloquio sobre mobilidade e novas tecnoloxías, un foro no que intervirán como relatores o profesor Alberte Castro Ponte e a técnico da Área de Valorización e Transferencia da USC Patricia González. A directora de proxectos de Norvento, Mari Luz Lozano; o administrador de Agroamb, Severiano Ónega, un representante de Mombus e Marco Rubinos, co fundador da consultoría de enxeñaría medioambiental 3edata, completaron un panel de relatores, no que se deixou constancia na necesidade dea afondar na transferencia de I+d+i cara unha sociedade en permanente transformación e que avanza cara a unha mobilidade compartida e sustentable.

 

Un faladoiro sobre cultura e xestión cultural, moderada polo xornalista e escritor Santiago Jaureguizar, serviu de colofón do foro ‘Lugo cara o futuro’. A programadora cultural do campus de Lugo da USC, Paloma Lugilde; o director de cine Jorge Coira; o escritor Antonio Reigosa; o presidente da Fundación Novoneyra, Uxío Novoneyra; Celestino Muinelo, da organización do festival FaCeLa Fest, e o directivo da Sociedade Filarmónica Lucense e da asociación de jazz Escobijazz, José Luis Díaz, tomaron parte nun debate que permitiu facer visible a condición da USC como xermolo cultural da capital luguesa, así como canle que permite á sociedade local gozar, ademais de ser protagonista de discplinas artísticas diversas, desde as propostas máis vangardistas ata as manifstacións máis clásicas.

 

A colaboración entre o público e o privado, o aproveitamento óptimo dos múltiples recursos culturais e patrimoniais de que dispón Lugo e a súa provincia e a necesidade de avanzar na oferta dunha programación cultural conxunta e estable, ademais de optimizar a súa xestión a través dos programas formativos de grao e máster xa implantados na Facultade de Humanidades de Lugo centraron algunhas das conclusións acadadas.


Outras imaxes


Público participante no foro 'Lugo cara o futuro, celebrado na Casa do Saber

Relatores no faladoiro sobre sector primario