Saltar ao contido principal
Xornal

O persoal docente e de investigador e de administración e servizos elixiron aos seus representantes sindicais

Cun total de 1.972 votos emitidos, a participación con respecto a 2015 incrementouse un 2,72%

Actualizada: 10-05-2019 12:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Un total de 1.972 persoas exerceron o dereito a voto nas eleccións sindicais celebradas este xoves 9 na USC, cun índice de participación do 45,23%, o que representa un aumento do 2,72% con respecto ás eleccións celebradas en 2015. O maior incremento de participación concéntrase entre o colectivo do Persoal de Administración e Servizos (PAS), que pasou en termos xerais do 50,10% ao 57,28% e un total de 1.066 votos emitidos, 591 de persoal funcionario e 475 de laboral. Entre o colectivo do Persoal Docente e Investigador (PDI) a participación incrementouse nun 0,75%, pasando do 35,51 ao 36,25%. Neste último colectivo acudiron ás urnas un total de 906 docentes e investigadores/as (377 laborais e 529 funcionarios).

Comités e xuntas de persoal
Segundo os datos provisionais, a Xunta de Persoal que representará ao PDI funcionario estará conformada por 7 delegados/as de CCOO, outros tantos de CSIF, 5 de CIG e 4 de UGT. Polo que respecta ao PDI laboral, o seu comité integrarano 10 delegados/as de CSIF (8 por Santiago / 2 por Lugo), 9 de CIG (7/2), 7 de UGT (4/3) e 6 de CCOO (4/2).

A Xunta de Persoal de PAS funcionario quedará integrada por 5 delegados/as de TGU, 4 de CIG, outros tantos de CCOO, 3 de CIUS e 1 de UGT. O PAS laboral estará representado polo 17 delegados/as de CCOO, 11 de CIG, 2 de CSIF e 2 de UGT. Neste último colectivo e desagregando estes datos xerais, en Santiago CCOO conseguiu 10 delegados/as (7 no colectivo de Técnicos e Administrativos / 3 no de Especialistas e non cualificados), CIG 9 (5/4), CSIF 2 e UGT 2. No Campus de Lugo, CCOO obtén 7 delegados/as (4/3) e CIG 2 (1/1).