Saltar ao contido principal
Xornal

O novo presidente da American Chemical Society impartirá o martes unha conferencia no CiQUS

Actualizada: 13-05-2019 09:54
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O catedrático de Química na Universidade de Texas at El Paso (USA), Luís Echegoyen, elixido recentemente novo presidente da prestixiosa ACS (American Chemical Society), impartirá unha conferencia no CiQUS este martes 14 a partir das 12.15 horas co título ‘Fullerene Nanocontainers that Stabilize Unusual Atoms and Clusters Inside’.

Luís Echegoyen é un orador cobizado, con máis de 450 relatorios, conferencias e presentacións. Impartiu varias conferencias en lugares como Northwestern University, Xeorxia Tech, UC-Riverside e é membro de varios consellos asesores internacionais, como o Centro IMDEA-Nanociencia en Madrid e Centro de Química Física de Superficies Sólidas (PCOSS) en Xiamen (Universidade en China). Foi editor en xefe de Journal of Physical Organic Chemistry, unha publicación de Wiley, desde 2010.

Autor de 412 artigos de investigación e 47 capítulos de libros, o seu índice h actual é de 80 (fonte: Google Scholar, 11-20-18). Foi elixido Membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia en 2003 e ten recibido destacados premios, entre eles o Premio ACS de Florida de 1996, o Premio Provost de Excelencia de Investigación da Universidade de Miami de 1997, o Premio Herty Medal 2007 (outorgado pola Sección ACS de Xeorxia), o Premio Presidencial á Excelencia en Investigación da Universidade de Clemson de 2007 e o Premio a Alumnos Distinguidos da Universidade de Porto Rico de 2007.