Saltar ao contido principal
Xornal

Os candidatos e candidata á alcaldía de Santiago participan este martes nun debate organizado por Ciencias Políticas

Será na Facultade ás 18.00 horas e nel participarán os partidos con representación no actual consistorio

Actualizada: 14-05-2019 08:58
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Diante das próximas e inminentes convocatorias electorais, a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC está a desenvolver varias actividades, entre elas un encontro entre as candidaturas á alcaldía de Compostela.

Nese debate, este martes 14 de maio ás 18:00 horas no Salón de Actos do centro, participarán os candidatos e candidata á alcaldía dos partidos con representación actual no consistorio: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PPdeG) e Goretti Sanmartín Rei (BNG).

O encontro retransmitirase en directo pola canle da USC en Youtube: https://www.youtube.com/user/UniversidadeUS