Saltar ao contido principal
Xornal

Aberto ata o 10 de xuño o prazo para inscribirse no programa de estancias transfronteirizas promovido pola USC

Actualizada: 15-05-2019 10:22
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago de Compostela segue a fomentar a economía social a través do programa ‘ Estancias transfronteirizas’ dirixido a empresas de economía social da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dirixido a favorecer a cooperación entre elas. A actividade enmárcase no proxecto POCTEP LACES (Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social).

A iniciativa permitirá que o equipo humano das entidades intercambie experiencias e coñecementos con outras empresas, xa sexan do seu mesmo sector ou mesmo relacionadas con outras actividades da economía social. Por outra parte, o programa permitirá o fomento da mobilidade das persoas e a cooperación para o fomento da innovación, a través da creación de redes entre Galicia e o Norte de Portugal. A duración das estancias pode variar, dende visitas de 1 día ata un máximo de 5 xornadas.

As empresas de economía social que desexen participar deberán cubrir o seguinte formulario: http://estanciaslaces.com/wpcontent/uploads/2019/04/190424_Formulario_II.pdf e envíalo ao enderezo info@estanciaslaces.com. O prazo para facelo remata o 10 de xuño.