Saltar ao contido principal
Xornal

A sexta promoción da Licenciatura en Matemáticas da USC celebrou as súas vodas de ouro

Actualizada: 15-05-2019 14:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Matemáticas foi hoxe o punto de encontro da sexta promoción da Licenciatura en Matemáticas da USC, que rematou os seus estudos no ano 1969. No acto de celebración destas vodas de ouro, ao que asistiron 21 licenciadas e licenciados, interveu Xosé Masa, profesor Ad Honorem da Área de Xeometría e Topoloxía da USC e ex decano do centro. A esta promoción pertencía tamén o benquerido profesor Manuel Fugarolas.

Na facultade foron recibidos pola decana, Elena Vázquez Cendón, que os acompañou no acto de sinatura no libro de honra.