Saltar ao contido principal
Xornal

Unha xornada explorará as posibilidades das tecnoloxías dixitais en Ciencias sociais e Humanidades

Actualizada: 20-05-2019 14:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A USC, coa colaboración do CiTIUS e xunto co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), organiza a xornada de traballo ‘Tendendo pontes entre as Ciencias Sociais e Humanidades e as tecnoloxías dixitais’, actividade que procura explorar o valor da colaboración entre dúas áreas de coñecemento aparentemente afastadas. A xornada celebrarase a vindeira semana, o xoves 23, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía.

O vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e o director xeral do Cesga, Mauro Fernández Dabouza, abrirán a xornada dando paso a unha mesa de debate sobre as oportunidades das tecnoloxías dixitais e a súa aplicación á investigación en Humanidade e Ciencias Sociais nas que se mostrarán as capacidades achegadas neste ambito polo Cesga e o CiTIUS. Nela falarase sobre big data, deep learning, intelixencia artificial, GIS, procesamento da linguaxe natural ou visualización, entre outros temas.

Deseguido presentarase experiencias no uso das tecnoloxías dixitais na investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, a través de tecnoloxías da lingua para a análise de opinións en redes sociais, o emprego das tecnoloxías para o ensino ou a aprendizaxe ou romanarmy.eu. Tamén se mostrarán as experiencias do Cesga nos proxectos Rural School Cloud, Filmyou ou no arquivo dixital Valle-Inclán.

A xornada rematará cunha sesión de grupos de traballo para a identificación de necesidades e oportunidades, con especial atención ás tencoloxías dixitais para a ensinanza e a aprendizaxe, o seu uso na investigación en ciencias sociais ou as aplicacións para a xestión, estudo, conservación, restauración, accesibilidade e preservación do patrimonio cultural.