Saltar ao contido principal
Xornal

Os retos da atención a síntomas psicolóxicos e de conduta, tema dun curso de verán da USC en Láncara os días 21 e 22 de xuño

Actualizada: 29-05-2019 08:58
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Retos da atención aos síntomas psicolóxicos e condutuais nas demencias’ é o título do curso de verán da USC que se desenvolverá os días 21 e 22 de xuño no complexo xerontolóxico A Veiga, de Láncara. Este programa da Universidade de Verán da USC, dirixido por David Facal Mayo e Carlos Dosil Díaz, está organizado pola institución académica en colaboración coa Rede Galega de Investigación en Demencias e da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

 

Estruturado en 16 horas de formación distribuídas ao longo de dúas xornadas, este curso de verán da USC que xurde no contexto da atención ás persoas maiores dependentes, pretende reflexionar sobre a incidencia e o impacto persoal, familiar e social dos síntomas psicolóxicos e de conduta no deterioro cognitivo e as demencias. O desenvolvemento de modelos de intervención axeitados en centros xerontolóxicos constitúe outro dos cometidos deste programa.

 

O prazo de inscrición deste curso de verán, para o que se ofrece un máximo de 40 prazas, permanece aberto ata o próximo 7 de xuño na páxina web da USC, onde as persoas interesadas poden atopar cumprida información respecto do programa desta actividade formativa e de divulgación.