Saltar ao contido principal
Xornal

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias celebra o Día do Leite con obradoiros de queixos e a visita de 150 escolares

As actividades organizadas co gallo deste efeméride desenvolveranse o venres 31 a partir das 9.30 horas e inclúen charlas informativas e un percorrido polas instalacións

Actualizada: 29-05-2019 10:17
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do campus de Lugo da USC celebrará este venres 31 de maio o Día Internacional do Leite cunha xornada de visitas escolares na que se agarda a participación duns 150 estudantes de ensino primario dos colexios María Auxiliadora, Illa Verde, da capital luguesa, e do colexio Poeta Uxío Novoneyra, de Cervantes.

 

O programa organizado pola Aplta co gallo desta efeméride desenvolveranse en quenda de mañá, a partir das 9.30 horas, e inclúe diversas charlas informativas, un percorrido guiado polas instalacións deste centro lácteo da USC, así como diversos obradoiros de queixería e de elaboración de iogures.

 

Os escolares que tomen parte nesta actividade lúdica e divulgativa tamén terán a ocasión de participar nunha cata de queixos. Do mesmo xeito que en anos anteriores, os máis pequenos tamén recibirán a visita  de Maximus, a mascota do Club Baloncesto Breogán.