Saltar ao contido principal
Xornal

Recepción no edificio Cactus dunha delegación universitaria de Mongolia que visita a USC a través dun programa Erasmus KA2

Actualizada: 31-05-2019 14:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel Armesto, e o adxunto para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, ofrecerán este luns 3 de xuño, a partir das 10.00 horas, no edificio Cactus, unha recepción á delegación universitaria de Mongolia que visita a USC a través dun programa Erasmus KA2 co obxectivo de coñecer máis en detalle o sector lácteo en Galicia, e as súas potencialidades económicas e no eido da I+D+i.

 

A visita da delegación de Mongolia ao campus de Lugo da USC é froito dunha acción impulsada no seu momento por Elena López Colmenero desde a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC e que agora ten continuidade desde o grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla), cuxo coordinador, o catedrático Manuel Francisco Marey, tamén participará neste acto institucional, ao tempo que acompañará á delegación estranxeira durante a súa estadía en Lugo.