Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán explora as posibilidades do turismo científico

Actualizada: 03-06-2019 12:28
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Óptica acollerá do 17 ao 19 de xuño un curso de verán no que se abordarán, desde una óptica innovadora, aspectos relacionados coa definición e acoutamento do concepto e do propio modelo de Turismo Científico dentro dos chamados turismos de nicho.

Dirixido por Salvador Bará e con financiamento da Deputación da Coruña, o curso ‘Turismo Científico: Novos enfoques turísticos en cidades e espazos naturais’ busca dar a coñecer e debater sobre iniciativas que están en marcha actualmente no ámbito galego, estatal e internacional arredor do turismo científico.

Nas xornadas, que pechan o prazo de matrícula este venres 7, participan docentes universitarios, consultores ambientais, responsables de entidades científicas e xornalistas, entre outras persoas.