Saltar ao contido principal
Xornal

Acto de fin de grao da X Promoción de Enxeñaría Informática

Actualizada: 06-06-2019 13:08
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A X Promoción de Grao en Enxeñaría Informática celebra o seu acto de graduación  este venres 7 ás 18.30 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, que presidirá o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri.

Na cerimonia intervirán o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Antonio Mosquera González; a madriña e o padriño da promoción, Dora Blanco Heras e Jose Varela Pet; o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia; Marcos J. Mata Mansilla; o secretario do Departamento de Electrónica e Computación, Manuel Lama Penín; o director adxunto do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Intelixentes (CiTIUS), Paulo Félix Lamas; e en nome do alumnado Marcos Fernández Pichel e Raúl Vilas Piñeiro.