Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán trata a avaliación económica de intervencións sanitarias

Actualizada: 12-06-2019 13:59
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Entre os días 3 e 5 de xullo desenvolverase no Hospital Clínico Universitario de Santiago o curso de verán ‘ Economía e saúde: a avaliación económica de intervencións sanitarias’ que dirixe Melchor Fernández.

Con este curso, cuxa matrícula está aberta ata o 21 de xuño, preténdese introducir ao alumnado universitario, profesionais e público en xeral nos fundamentos da avaliación tanto clínica como económica, os retos presentes e futuros da atención socio-sanitaria, os principios xerais da avaliación de tecnoloxías sanitarias e a avaliación económica na toma de decisións e os problemas relacionados coa equidade no acceso aos tratamentos.