Saltar ao contido principal
Xornal

Os bosques antigos como refuxio de biodiversidade, a debate no Ibader nun curso de verán da USC do 8 ao 11 de xullo

O programa da Universidade de Verán 2019 dirixido por Pablo Ramil Rego está estruturado en 29 horas lectivas e mantén aberta a matrícula ata o 1 de xullo

Actualizada: 13-06-2019 09:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

‘ Os bosques antigos, refuxios de biodiversidade nun mundo cambiante’ é o título do curso da Universidade de Verán 2019 da USC que se desenvolverá no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) do 8 ao 11 de xullo. O prazo de matrícula neste foro estival da USC, dirixido polo profesor Pablo Ramil Rego e estruturado en 29 horas lectivas, permanece aberto en liña ata o próximo 1 de xullo.

 

O obxectivo principal do curso é coñecer os aspectos de maior relevancia en relación aos valores naturais e á biodiversidade que albergan os bosques antigos, centrado no seu papel como reservorios de biodiversidade, xenética e específica.

 

O programa deste curso da Universidade de Verán 2019 da USC desenvolverase ao longo de catro xornadas, nas que diferentes relatores afondarán sobre cuestións ligadas co valor da biodiversidade nos bosques antigos de Galicia, o valor patrimonial das árbores vellas, as traxectorias de cambio e resiliencia dos bosques higrófilos ibero-atlánticos, ou a conservación e restauración de bosques de teixo na Cordilleira Cantábrica.

 

O curso, que non conta con límite de prazas, inclúe asemade dúas visitas guiadas ás serras dos Ancares e do Xistral, así como ao val do Eume. Estes itinerarios realizaranse a longo da segunda e terceira xornada do curso, que rematará as xornadas do curso, que rematara o 11 de xullo na sede do Ibader con catro charlas coloquio sobre bosques antigos, biodiversidade e cambio climático, conservación no Parque Nacional da Peneda-Gerês, bases xenéticas da conservación da biodiversidade e xestión de bosques antigos en Castela León.