Saltar ao contido principal
Xornal

A promoción 2015-2019 de Enxeñaría Química celebra este venres a súa graduación

Actualizada: 13-06-2019 13:56
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa, presidirá este venres 14 o acto de graduación da promoción 2015-2019 de Enxeñaría Química. Celebrarase nun acto a partir das 18.00 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).

Logo da realización da foto oficial conmemorativa do evento, abrirán a quenda de intervencións Ana María Díaz Cuenca e Matías Rivadulla Cora en representación do alumnado deste sétima promoción, a quen seguirá o padriño académico da promoción, o profesor José Manuel Navaza Dafonte, e o padriño do parte do sector empresarial, o director de Recursos Humanos en CEAMSA Jorge Trigo Somoza. Deseguido tomarán a palabra o director do Departamento de Enxeñaría Química, Juan M. Garrido Fernández; e o subdirector da ETSE, Francisco Omil Prieto. A xornada rematará coa entre de diplomas aos integrantes da promoción e a intervención do profesor Feijoo Costa.