Saltar ao contido principal
Xornal

Ribeira acolle en xullo un curso aplicado para a prevención e intervención en violencia de xénero

Actualizada: 14-06-2019 12:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Do 10 ao 12 de xullo e dirixido por Ramón Arce Fernández e Gualberto Buela-Casal, o Auditorio Municipa, de Ribeira acollerá o curso de verán da USC sobre prevención e intervención en violencia de xénero. O prazo de matrícula rematará o 28 de xuño.

O encontro tratará a violencia de xénero cun enfoque aplicado no que se abordan os distintos ámbitos relacionados, tales como as actuacións desde as administracións públicas, tanto autonómica como local, o contexto xurídico, o psicolóxico e as Forzas de Seguridade do Estado.

No curso falarase de programas e accións da Xunta de Galicia contra a violencia de xénero, o perfil criminolóxico e psicolóxico do feminicida, aspectos psicolóxicos entre vítimas e agresores de violencia de xénero, primeiros auxilios psicolóxicos, impacto da violencia de xénero sobre a saúde física e mental, eficacia da reexperimentación emocional nos traumas, intervención con penados con liberdade por violencia de xénero, programa de axuda a fillos que viviron violencia familiar, publicidade sexista, consecuencias penais da violencia contra a muller, medidas xudiciais de protección á vítima no pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O curso conta co co financiamento do Concello de Ribeira, do Grupo LoMonaco, da Asociación Española de Psicología Conductual, do Consello Oficial de Psicoloxía de Galicia, da Unidade de Psicoloxía Xurídica e Forense, spinoff da Universidade de Granada e da Secretaria Xeral da Igualdade, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.