Saltar ao contido principal
Xornal

O profesor Antonio Rodríguez, novo presidente da Asociación Estatal de Programas Universitarios para Persoas Maiores

Actualizada: 14-06-2019 12:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC Antonio Rodríguez Martínez foi elixido presidente da Asociación Estatal de Programas Universitarios para Personas Mayores (AEPUM) na última asemblea desta entidade, celebrada en Badaxoz.

A AEPUM fundouse no ano 2004, sendo unha das socias promotoras a USC. Actualmente está constituída por 46 universidades públicas e privadas, e comprende un total de 63.173 persoas maiores de 50 anos matriculadas este curso 2018-2019 nos diferentes programas.

O fin esencial desta asociación de universidades é o fomento dos programas educativos no ámbito universitario, contribuíndo ao desenvolvemento formativo e cultural deste colectivo de persoas, facilitando ao tempo a mellora da calidade de vida e, polo tanto, da súa autonomía persoal.