Saltar ao contido principal
Xornal

A Comisión Reitora do Campus Terra dá o visto bo á nova estrutura de goberno

Actualizada: 18-06-2019 14:59
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Reunión da Comisión Reitora do Campus Terra, na Vicereitoría de Lugo

O reitor Antonio López presidiu este luns unha sesión extraordinaria da comisión reitora do Campus Terra na que se deu o visto bo á nova estrutura de goberno, inclusiva e aberta, deste campus de especialización a falta de que a mesma sexa referendada polo Consello de Goberno da USC.

 

Xunto á Comisión Reitora, órgano máximo da estrutura de goberno do Campus Terra, créase unha comisión económico-social que abranguerá unha ampla representación do tecido produtivo. Ademais, unha Comisión Científica Externa, formada por persoas de recoñecido prestixio académico, profesional e/ou investigador, proporá perfís profesionais de futuro que teñan que ser a base da evolución académica e investigadora do Campus Terra.

 

A Comisión de Coordinación será o órgano encargado de xestionar e impulsar o plan de acción do Campus Terra e nela estarán representadas as distintas áreas de traballo do campus: I+D+i, Especialización Académica, Internacionalización e Relación coa Contorna.

 

Ademais do reitor, na comisión tamén estiveron presentes a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel; a adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera; o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata; o vice xerente do campus de Lugo e Servizos, Xosé Delfín Pérez González; decanos e directores das facultades e escolas que integran o campus de Lugo da USC, así como a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Fundación CEL.