Saltar ao contido principal
Xornal

A USC ofertará o vindeiro curso un total de 44 graos, nove dobres graos e 66 mestrados

Incorpora á súa oferta Robótica e tres novos mestrados

Actualizada: 18-06-2019 13:05
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Victoria Otero e Antonio López, durante a presentación da oferta docente para o próximo curso. Foto: Servimav-USC

A USC ofertará o vindeiro curso académico 2019-2010 un total de 44 graos, dez dobres graos e 66 másteres, nos seus campus de Santiago e Lugo. O reitor Antonio López e a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar, deron conta en rolda de prensa dos principais indicadores da oferta docente da USC para o vindeiro curso. Entre as novidades, a institución docente incorpora o grao en Robótica, a impartir en Lugo, e os mestrados en Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais; Psicoloxía; e Enxeñaría de Procesado de Alimentos.

Ademais, en primeiro curso a USC ofertará 4.458 prazas, repartidas entre os 44 graos e nove dobres graos, tanto en Santiago como en Lugo. A institución compostelá inclúe titulacións nas cinco grandes áreas de coñecemento: nove en Artes e Humanidades, oito en Enxeñaría e Arquitectura, catorce en Ciencias Sociais e Xurídicas, oito en Ciencias da Saúde e outras cinco no ámbito das Ciencias. Igualmente oferta catro dobres graos en Ciencias, dous en Ciencias Sociais e Xurídicas, dous en Enxeñaría e Arquitectura e un en Ciencias da Saúde. Ademais da incorporación de Robótica, o grao de Xeografía e Ordenación do Territorio presenta unha nova edición reformulada e actualizada.

Completando o catálogo formativo, a Universidade compostelá suma un total de 66 másteres oficiais: 12 correspondentes á área de Artes e Humanidades, e outros tantos ás de Ciencias e Ciencias da Saúde, ademais de 20 en Ciencias Sociais e Xurídicas e outros dez en Enxeñaría e Arquitectura. En total, a USC ofertará 1.849 prazas nestes mestrados, dos que 26 son de carácter interuniversitario.