Saltar ao contido principal
Xornal

O II Bioblitz da Estación Científica do Courel amosa a riqueza da biodiversidade da zona a naturalistas a afeccionados de Galicia

Actualizada: 18-06-2019 13:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Participantes no II Bioblitz Ancares-Courel

O II Bioblitz Ancares-Courel, unha actividade entendida como experiencia de turismo científico ou prospección intensiva da biodiversidade  e promovida pola Estación Científica do Courel da USC deu a coñecer as singularidades que presenta a natureza nesta contorna de montaña da provincia de Lugo e as potencialidades da riqueza natural e paisaxística que agocha a preto de 40 naturalistas especialistas e afeccionados chegados de toda Galicia.

 

O director da Estación Científica do Courel, o catedrático da USC Antonio Rigueiro Rodríguez, foi o encargado de dar a benvida ás 38 persoas inscritas nesta iniciativa no marco dunha sesión de apertura na que tamén explicou os diversos itinerarios e actividades de campo programadas en distintas localizacións desta contorna montañosa ao longo dunha prospección intensiva de 24 horas.

 

O II Bioblitz Ancares-Courel, promovido pola USC en colaboración coa área de Turismo e Cultura da Deputación de Lugo, e o Concello de Folgoso do Courel, entre outras entidades e colectivos, permitiu tanto a naturalistas especialistas como afeccionados, así como outras persoas amantes da natureza, recoller e, posteriormente, achegar datos de interese para a ciencia e, sobre todo, de utilidade para a conservación da contorna natural courelá, logo de ser realizar unha prospección intensiva da zona.

 

As distintas observacións da flora e da fauna realizadas durante o día completáronse tamén xa sen luz do día coa observación de insectos nocturnos e morcegos. As intervencións efectuadas e sempre respectuosas co medio ambiente, permitiron ao público participante tomar fotografías e recoller datos e información que pasarán a formar parte dun inventario biolóxico fotográfico intensivo de flora, fauna e micobiota deste territorio excepcional, un material que está accesible para a súa consulta na plataforma naturalista de internet iNauralist.org, segundo explicou Julián Alonso, técnico da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC e membro da organización deste II Bioblitz Ancares-Courel.


Outras imaxes


Observación nocturna desenvolvida no marco desta iniciativa na serra courelá