Saltar ao contido principal
Xornal

O grupo Galabra de estudos culturais celebra esta semana dous seminarios abertos na Facultade de Xeografía e Historia

A socióloga Paula Guerra trata este mércores, ás 18.00 horas, sobre música popular, e Irina Bajini e Florencia Garramuño abordan o venres prácticas da vida en Latinoamérica

Actualizada: 18-06-2019 14:26
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaces das sesións programadas polo grupo Galabra da USC na Facultade de Xeografía e Historia

O grupo de estudos culturais Galabra da USC organiza esta semana na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago dous seminarios abertos ao público e cuxa temática xirará arredor das tendencias e da pegada da música e popular, así como dalgunhas prácticas da vida latinoamericana contemporánea.

 

A socióloga portuguesa Paula Guerra, profesora e investigadora do Instituto de Socioloxía da Universidade de Porto, abrirá este mércores 21, a partir das 18.00 horas, na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia, esta programación do grupo Galabra co seminario titulado ‘ E o punk vai para o Museu: arquivos, heritage, nostalgia e música popular’.

 

A filóloga Irina Matilde Bajini e investigadora e ensaísta Florencia Garramuño darán continuidade o venres 21 á programación do grupo Galabra na Facultade de Xeografía e Historia cun novo seminario centrado nalgúns aspectos da forma de vida de Latinoamérica e que se desenvolverá na Aula 7 en horario de 10.00 a 14.00 horas.

 

A tamén profesora de Literatura Hispanoamericana na Universidade de Boloña Irina Bajini ofrecerá na súa intervención unha charla que leva por título ‘Comer en Cuba en tempo de revolucións’. De seguido, a tamén investigadora da Universidade San Andrés de Bos Aires Florencia Garramuño impartirá un relatorio co título ‘A vida impropia. Restos, evidencias e anonimatos nalgunhas prácticas latinoamericanas contemporáneas’.