Saltar ao contido principal
Xornal

As terceiras xornadas ‘Intelixencia artificial e desenvolvemento humano’ abordarán en Santiago a transformación da educación

Entre os días 27 e 28 de xuño para analizar as estratexias europea e nacional en Intelixencia Artificial (IA) e abordar os retos que esta formula

Actualizada: 19-06-2019 11:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A terceira edición das xornadas ‘Intelixencia artificial e desenvolvemento humano’ traerán a vindeira semana a Santiago de Compostela o debate arredor do lema ‘ Transformación da educación por e para a intelixencia artificial’, temática central do encontro. O obxectivo desta xornada será analizar as estratexias europea e nacional en Intelixencia Artificial (IA) e abordar os retos que esta formula, xunto ao desenvolvemento da tecnoloxía da información, para a formación universitaria. Organizada pola USC e a Cátedra Microsoft de Privacidade e Transformación Dixital da Universitat de València, o encontro conta coa colaboración do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e a Red Empresa y Administración (REA).

En dúas sesións previstas para os días 27 e 28 de xuño, o programa comezará cunha presentación da estratexia nacional de IA e sobre a estratexia de I+D+i española neste ámbito. O día seguinte, os distintos relatorios programados prestarán atención á formación en IA de profesionais y profesorado de perfil STEM e nos ámbitos do Dereito e da Economía e a Empresa. O reitor Antonio López inaugurará oficialmente a xornada o venres 28 nun acto no que tamén está prevista a participación da conselleira de Educación, unha representación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, da Cátedra Microsoft da Universitat de València e de Microsoft.