Saltar ao contido principal
Xornal

A Fundación Gadea pola Ciencia presentouse este mércores no edificio docente Roberto Nóvoa Santos

Actualizada: 19-06-2019 12:59
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor Antonio López, xunto coa conselleira de Educación, Carmén Pomar, participaron este mércores no edificio docente Roberto Nóvoa Santos na presentación en Santiago da Fundación Gadea pola Ciencia, integrada xa por 277 científicas e científicos do máis alto nivel. O seu obxectivo é contribuír á mellora e avance do sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, con especial atención ao papel do persoal investigador, as universidades, os centros de investigación e as empresas. Para iso, impulsa actividades e programas relacionados coa investigación, formación, divulgación, prevención, consultaría, asistencia técnica e financiamento de proxectos en todos os campos de coñecemento.

A Fundación GADEA pola Ciencia organízase en doce áreas de coñecemento, entre as que figuran as de Matemáticas, Física e Ciencias do Universo, Química, Ciencias da Vida, Ciencias Medioambientais, Ciencias Médicas e da Saúde, Ciencias da Sociedade, Ciencias do Coñecemento e a Translación e Xestión Científica e Transferencia Industrial.