Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso de verán ofrece un achegamento aos Sistemas de Información Xeografíca e Cartografía co entorno R

Actualizada: 20-06-2019 11:44
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O curso ‘ Introdución en Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía co entorno R’ celebrarase do 9 ao 12 de xullo na Facultade de Xeografía e Historia. O seu obxectivo é servir de introdución ao manexo do entorno R (https://cran.r-project.org/) a través da interfaz gráfica RStudio (https://www.rstudio.com/), mostrando as diferentes formas de xestión, manipulación e visualización en R, e introducir na análise espacial, a visualización e o traballo con arquivos raster e vectorial, así como os principais métodos de interpolación xeoestatística.

O curso ten unha carga lectiva de 29 horas e está dirixido por Alberto Martí Ezpeleta co cofinanciamento da Deputación da Coruña. O curso ten un límite de 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición.