Saltar ao contido principal
Xornal

Aberta a matrícula dos cursos intensivos do Centro de Linguas Modernas

Actualizada: 21-06-2019 09:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel da oferta de cursos de verán do CLM

Os cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas da USC desenvolveranse ao longo do mes de xullo nos campus de Santiago e Lugo en nivel inicial, intermedio e avanzado así como en forma de seminarios especificamente orientados ao contexto universitario no caso de francés e checo. Poderán matricularse tanto alumnado, persoal docente, investigador e de administración que vaian desprazarse a universidades estranxeiras como a persoas externas á comunidade universitaria que teñan cumpridos un mínimo de 16 anos, especialmente alumnado de Bacharelato, profesionais ou persoas con interese por coñecer outros idiomas.

A preinscrición e a matrícula realizarase por internet dende a páxina web do CLM (http://www.usc.gal/clm). Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro, ben presencialmente ou telefonicamente (881.814.443) en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través do correo clm@usc.es.

A oferta de idiomas inclúe alemán, catalán, español como lingua estranxeira, francés, inglés e italiano. No casos dos seminarios ofértase tanto francés como checo orientados especificamente ao contexto universitario co obxecto de proporcionar ferramentas básicas para unha exitosa estadía de estudos. En todos os cursos, máis alá dos contidos gramaticais, preténdese ofrecer técnicas e práctica de destrezas, estratexias de comunicación, así como contidos específicos e funcionais útiles nas estadías profesionais e privadas no estranxeiro. Inclúen contidos lingüísticos segundo o MECR necesarios durante as estadías de estudo, traballo ou ocio, así como outros contidos relacionados coa cultura a civilización de cada país de fala.