Saltar ao contido principal
Xornal

A Cátedra do Pan e do Cereal da USC celebra un foro formativo e degustacións na Casa do Saber de Lugo polo terceiro aniversario

A xornada ‘¿Poñemos pan sobre a mesa’, que se desenvolverá o 1 de xullo, mantén aberta a inscrición de balde no enderezo electrónico catedradopanedocereal@usc

Actualizada: 21-06-2019 14:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada ‘¿Poñemos pan sobre a mesa?’

A Cátedra do Pan e do  Cereal do Campus Terra da USC conmemora o terceiro aniversario da súa constitución coa celebración da xornada ‘¿Poñemos pan sobre a mesa?’, un foro informativo e de divulgación que se desenvolverá o 1 de xullo na Casa do Saber de Lugo e que rematará cunha degustación de pans de Galicia acompañados doutros produtos da terra.

 

As persoas interesadas en participar nesta xornada arredor do pan e da súa cultura, un foro que comezará coa benvida a cargo da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, nun acto no que tamén intervirán a directora da Cátedra do Pan e do Cereal da USC, Ángeles Romero, e do xerente do grupo Da Cunha e promotor da mesma, Manuel Da Cunha Pereira,  poden formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico catedradopanedocereal@usc.es.

 

Un relatorio informativo sobre o pan e as súas propiedades e características, a cargo de Ángeles Romero, catedrática da Área de Tecnoloxía de Alimentos da USC, abrirá o programa da xornada ‘ ¿Poñemos pan sobre a mesa?. De seguido, o dietista nutricionista Juan Revenga Fragua ofrecerá a conferencia plenaria ‘Verdades como panes’.

 

A presenza ou non de glute no pan, o proceso de elaboración e distribución deste alimento ata chegar á mesa dos consumidores, a permanencia do pan na dieta alimentaria e outras cuestións relativas a cando, onde, como e canto pan se consume en Galicia serán tamén obxecto de análise no marco desta xornada, cuxa celebración coincide coa entrada en vigor da nova lei do pan.

 

Un coloquio sobre o pan moderado por Ana María Martínez Lorente, da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Xunta de Galicia, e a posterior degustación de diversas variedades de pan de Galicia xunto con outros produtos da terra servirán de colofón desta xornada.