Saltar ao contido principal
Xornal

A D3Mobile Metrology World League pecha este martes a sétima edición coa entrega de premios na EPS de Enxeñaría de Lugo

A vicerreitora Montserrat Valcárcel preside, ás 17.30 horas, a clausura do campionato en liña que promove competencias STEM e que congregou a 600 escolares de 16 países

Actualizada: 24-06-2019 11:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Logo da D3Mobile Metrology World League 2018

A sétima edición da D3 Mobile Metrology World League, un campionato científico de escaneado 3D de precisión con tableta/teléfono móbil, convocado por el grupo de investigación CIGEO de la USC e no que colaboran o Centro Español de Metroloxía (CEM) e o Instituto Xeográfico Nacional (IGN-CNIG), chega este martes, a partir das 17.30 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, ao seu colofón coa cerimonia de entrega de premios aos equipos que resultaron gañadores dun certame internacional no que tomaron parte máis de 600 alumnos e alumnas preuniversitarias de e 150 profesores e profesoras de 110 centros educativos de 16 países de todo o mundo.

 

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, será a encargada de presidir a cerimonia de entrega de galardóns deste certame internacional de escaneado 3D con tableta ou móbil, un proxecto dirixido polo profesor da USC Juan Ortiz Sanz que recibe financiamento da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Concello de Lugo e Universia do Banco de Santander. D3Mobile Metrology World League constitúe asemade unha das actividades da Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra de la USC ‘Biorrecursos: Desenvolvemento e Produción Sostible’ (BioReDes) para fomentar as vocacións científicas e a internacionalización da sede universitaria luguesa.

 

A cerimonia de entrega de premios da VII D3Mobile desenvolverase na salón de actos da EPS de Enxeñaría de Lugo, no marco dun acto público no que participarán, ademais dalgúns dos equipos galardoados, responsables académicos do proxecto, representantes das distintas entidades, institucións e empresas que participan no patrocinio ou colaboran na organización desta innovadora experiencia de divulgación científica.