Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso presentará os últimos descubrimentos da bioloxía molecular arredor dos virus emerxentes

Actualizada: 24-06-2019 14:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O curso ‘ Viruses and disease’ presentará os últimos descubrimentos da bioloxía molecular arredor dos virus emerxentes que están a causar un problema socioeconómico moi importante en todo o mundo e daquelas infeccións virais determinantes en moitas enfermidades crónicas como o cancro ou o SIDA. Ademais permitirá presentar os últimos avances no desenvolvemento de vacinas e o uso biotecnolóxico dos virus.

Entre o 15 e o 19 de xullo, desenvolverase no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) co co financiamento da Fundación General CSIC (FGCSIC) e da Deputación da Coruña e co patrocinio de Fisher Scientific, Galmedic, Celta Ingenieros, Izasa Scientific SLU ou Werfen. Ten unha carga lectiva de 25 horas e un límite de prazas para 100 persoas. A matrícula pode formalizarse ata o próximo 5 de xullo.