Saltar ao contido principal
Xornal

O Pórtico da Gloria e o Camiño de Santiago centran as XII Leccións Xacobeas Iternacionais da USC do 16 ao 19 de xullo

O curso de verán que se desenvolverá no Museo das Peregrinacións de Santiago mantén aberto o prazo de matrícula ata o 5 de xullo na web da USC

Actualizada: 25-06-2019 10:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

‘ XII Leccións Xacobeas Internacionais na USC: O Pórtico da Gloria e o Camiño de Santiago’ é o título do curso de verán da USC que se desenvolverá no compostelán Museo das Peregrinacións do 16 ao 19 de xullo. O prazo de matrícula neste programa da Universidade de Verán da USC dirixido por Miguel Taín Guzmán e Domingo Luis González Lopo permanece aberto ata o 5 de xullo na web da USC.

 

As Leccións Xacobeas constitúen unha iniciativa incluída na programación da Universidade de Verán da USC que está dedicada á divulgación das investigacións máis recentes sobre o Camiño de Santiago, a cidade de Compostela e a peregrinación. Coincidindo coa finalización da limpeza do Pórtico da Gloria e a apertura do mesmo ao público, o tema principal do curso centrarase neste conxunto escultórico coa participación dos principais axentes implicados na restauración. 

 

Estruturado en 30 horas lectivas e aberto a un máximo de 50 persoas, esta nova edición das Leccións Xacobeas, que contan con financiamento da Axencia Galega de Turismo e da Deputación Provincial da Coruña, contemplan a celebración de diversos relatorios, así como de visitas guiadas polo roteiro fluvial da Colexiata do Sar ao Mosterio de Conxo, ao Pórtico da Gloria, á ex Colexiata de Iria Flavia e á localidade de Padrón, ademais dunha andaina polo treito do  Camiño entre A Picaraña e Padrón.