Saltar ao contido principal
Xornal

Clausura da cuarta edición do proxecto Mentoring USC

Actualizada: 26-06-2019 14:05
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O proxecto ‘Mentoring USC. Desenvolvemento Profesional’ celebrará este xoves 27 o acto de clausura da súa cuarta edición coa entrega de diplomas aos mentores/as e ao alumnado participante. A sesión desenvolverase a partir das 13.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca presidida polo reitor Antonio López, e coa asistencia da concelleira de Educación, Noa Díaz; das vicerreitoras de Titulacións e de Comunicación, Cultura e Servizos, Victoria Otero e Mar Lorenzo; e da secretaria xeral, Dulce García. No acto intervirán ademais Mª Elisa Neiro en representación do alumnado e Nelly Rey no dos/as profesionais que exerceron como mentores.

A finalidade de Mentorin é poñer en contacto o alumnado de máster, graduados/as de último curso e titulados/as recentes con directivos/as e profesionais de empresas, coa fin de orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional. A figura do  mentor ten como obxectivo potenciar a empregabilidade dos alumnos, poñendo en valor os seus coñecementos e experiencias e permitindo deste modo o seu crecemento profesional e o desenvolvemento do talento.