Saltar ao contido principal
Xornal

Un curso analizará a situación actual da infancia en Galicia

Actualizada: 27-06-2019 10:49
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O curso ‘ Familia e infancia: os dereitos dos nenos e das nenas’ é unha proposta estival que ademais de afondar na situación actual das nenas e os nenos en Galicia así como as perspectivas de futuro para promover os seus dereitos, tamén trata de analizar as implicacións socieducativas do dereito da infancia a ter unha familia, facendo especial fincapé nas situacións familiares de especial vulnerabilidade.

Celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación de Campus Vida os días 18 e 19 de xullo coordinado pola profesora Diana Priegue Caamaño e conta co co financiamento da Deputación da Coruña. A dimensión emocional da educación, os dereitos de nenos e nenas refuxiados, a participación na escola ou o dereito da infancia ao xogo, son algúns dos temas que se abordarán ao longo destas dúas xornadas. A matrícula pode formalizarse ata o próximo 5 de xullo.