Saltar ao contido principal
Xornal

28 de xuño, as universidades galegas conmemoran o Día do Orgullo

Actualizada: 28-06-2019 14:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Imaxe de arquivo (commons.wikimedia.org)

Con motivo do 50 aniversario das revoltas de Stonewall, as universidades galegas fan público un escrito conxunto no que se unen na “celebración do Día do Orgullo neste ano 2019, cando se cumpre o cincuenta aniversario das revoltas de Stonewall, que supuxeron o inicio dos movementos de resistencia fronte á discriminación sexual no mundo”.

O manifesto reivindica que “as universidades galegas, como espazos científicos e humanos, debemos ‘pensar con orgullo’ e actuar como referentes sociais, onde diversas voces, corpos e afectos podan desenvolverse en plenitude”.