Saltar ao contido principal
Xornal

O prazo de presentación de propostas para o Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson permanecerá aberto ata o 10 de setembro

Actualizada: 03-07-2019 13:03
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do certame

Sacar á luz o labor que desenvolven as mulleres na sociedade e desconstruír, na medida do posible, os estereotipos de xénero acerca dos traballos que son propios de mulleres e de homes, así como motivar a facer unha escolla da carreira profesional dun xeito máis libre e vocacional, son os obxectivos cos que bota a andar a sexta edición do Certame de Fotografía Ruth Matilda Anderson.

Esta é unha convocatoria aberta a toda a comunidade universitaria e exalumnado da USC, cuxo prazo de presentación permanecerá aberto ata o 10 de setembro de 2019. As fotografías deberán ter unha resolución mínima de 300 ppp, orientación horizontal e un tamaño A3 ou A4. A temática das imaxes terá unha relación directa coas mulleres dende diversas perspectivas: visibilización do traballo, mulleres e ciencia, rompendo estereotipos de xénero,... Para a eleccións das propostas gañadoras terase en conta a creatividade, innovación e o impacto da imaxe.

As tres mellores imaxes seleccionadas recibirán como premios, financiados polo Concello de Santiago, unha dotación económica de 1.000 euros para o primeiro, 800 para o segundo e 500 para o terceiro. Ademais, a imaxe gañadora centrará o cartel conmemorativo do Día Internacional das Mulleres en 2020.