Saltar ao contido principal
Xornal

Remata a primeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos

Actualizada: 04-07-2019 13:59
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O estudantado de 1º de Bacharelato que, procedente de diversos lugares de España, participou esta semana nos Campus Científicos de Verán 2019 rematarán este venres 5 a súa estadía coa lectura dos traballos de investigación. A presentación dos resultados está prevista para as 10.00 horas na  Salón  de  Graos da Facultade de Matemáticas. Esta é unha actividade que organizada pola FECYT e os ministerios de Educación e Formación Profesional e de Ciencia, Innovación e Universidades. Ademais das actividade ao abeiro dos distintos proxectos, o alumnado realizou visitou ao patrimonio histórico da USC, ao Museo de Historia Natural, ademais dunha excursión a Fisterra.

A  segunda quenda de estudantes de 1º de Bacharelato,  será recibida o luns 8 ás 10.00 horas no Salón de Actos do Colexio Maior Fonseca pola vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e polo coodinador desta actividade, o profesor Celso Rodríguez Fernández, ademais de polos responsables dos proxectos.