Saltar ao contido principal
Xornal

O grupo de Historia da Ciencia da USC expón no Museo Naval de Ferrol a mostra sobre o legado científicos das forzas armadas en Galicia

Actualizada: 10-07-2019 13:11
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O grupo de Historia da Ciencia da USC expón no Museo Naval de Ferrol a mostra ‘O Legado científico das Forzas Armadas en Galicia e dos galegos pertencentes ás Forzas Armadas’, proxecto que foi aprobado polo Ministerio de Defensa na última convocatoria de proxectos de Promoción da Cultura de Defensa 2018, e que iniciou a súa andaina en agosto de 2018. En Ferrol permanecerá aberta ata o 23 de agosto, para logo trasladarse en setembro ao Museo Histórico Militar da Coruña e en outubro á Escola Naval Militar de Marín.

Na mostra dáse conta de biografías de numerosos mariños e membros do exército que destacaron en distintas actividades científicas como astronomía, cartografía, matemáticas, medicina, química ou veterinaria, así como de dependencias emblemáticas como a Academia de Gardas Mariñas, o Obradoiro de Instrumentos Náuticos, a Escola Naval Flotante, a Escola Naval de Especialidades, todas elas en Ferrol, ademais doutras como o Real Colexio Militar de Santiago, a Escola Naval Militar de Marín, ou a Etea, entre outras. Trátanse tamén cuestións como o antigo problema da determinación da lonxitude xeográfica en alta mar, os antecedentes do mapa topográfico de España ou mesmo a Comisión de Límites.

Un total de 46 pósteres en galego e castelán conforman a exposición preparada por José Ángel Docobo, Fernando Ponte, Iván Fernández, Pedro Pablo Campo e José Ramón González.