Saltar ao contido principal
Xornal

A USC participa na creación do proxecto ‘Universidades sem fronteiras’

Participan as seis universidades públicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais

Actualizada: 15-07-2019 14:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

No consorcio participan representantes das seis universidades públicas da eurorrexión e da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais

A USC é unha universidades que desenvolve o proxecto ‘Universidades sem Fronteiras’ (UNISF), unha iniciativa innovadora que “situará á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un acto influínte a nivel europeo na innovación universitaria e na creación de novas ferramentas de xestións transfronteiriza’. Ademais da USC, no proxecto participan as outras cinco universidades públicas da Eurorrexión (Minho, Porto, Trás-os-Montes e Alto Douro, A Coruña e Vigo) e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais.

Nun momento no que dende as institucións europeas se está a fomentar a creación de redes de universidades, as da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poñen en marcha un proxecto propio que pretende eliminar as barreiras administrativas e burocráticas entre estas institucións. O obxectivo final é consolidar o Espazo Transfronteirizo de Ensino Superior e de Investigación da Eurorrexión con titulacións conxuntas que supoña unha mellora das capacidades das universidades na creación de programas de estudos innovadores, cooperativos, máis creativos e cunha compoñente transfronteiriza e multidisciplinar.

Na xuntanza de lanzamento realizada recentemente participou a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero Espinar e nela tratouse a vontade das institucións participantes de profundar na creación de dous títulos de mestrados e outros 2 programas de doutoramento con carácter conxunto e nos que participarán diversos departamentos das universidades do consorcio. UNISF foi aprobada na última convocatoria do Programa europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP) cun orzamento total de 1,49 millóns de euros coa subvención de Fondos FEDER.