Saltar ao contido principal
Xornal

Inauguración no Colexio de Fonseca da exposición fotográfica ‘Camiño de Santiago e identidade europea’

Actualizada: 18-07-2019 12:56
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, presidirá este venres 19 a inauguración da exposición ‘Camiño de Santiago e identidade europea’. O acto comezará ás 20.00 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca e nel tamén participarán o presidente da Asociación Xacobea de Franconia, Joachim Rühl; o vicepresidente da Asociación Católica Educativa do Obispado de Ratisbona, Gregor Tautz; o director da Asociación Católica Educativa do distrito de Cham, Michael Neuberger; e o xestor cultural do Centro de Estudos Hispánicos da Universidade de Ratisbona, Pedro Álvarez Olañeta.

Esta é unha mostra fotográfica que fai un percorrido polos Camiños de Santiago, na súa consideración de ‘Primeiro itinerario cultural europeo’ tal e como foron declarados en 1987 polo Consello de Europa e que constitúen dende hai máis dun milenio expresión vida da identidade europea.