Saltar ao contido principal
Xornal

O obradoiro ‘Nos fogóns de Apicus’ achega ao público familiar á cultura romana a través da gastronomía na Domus do Mitreo

A participación na actividade, que se desenvolverá este sábado 20 de xullo a partir das 11.30 horas, é gratuíta previa inscrición no enderezo mitreo.lugo@galipat.es

Actualizada: 19-07-2019 11:43
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Xacemento arqueolóxico do Museo Universitario A Domus do Mitreo

A programación especial de verán do Museo Universitario A Domus do Mitreo continúa este sábado 20 de xullo, a partir das 11.30 horas, coa celebración do obradoiro didáctico ‘Nos fogóns do Apicus’ , unha actividade didáctica e divulgativa, orientada ao público familiar a partir de 7 anos de idade, a través da que as persoas participantes poderán coñecer os praceres da mesa nos banquetes romanos. A inscrición neste obradoiro é libre e de balde previa reserva no enderezo electrónico mitreo.lugo@galipat.es.

 

Os obradoiros ‘Nos fogóns do Apicus’, que comezaron o 6 de xullo e terán continuidade os sábados 20 de xullo e 3 e 17 de agosto de 2019, desenvólvense en quenda de mañá, a partir das 11.30 horas. As persoas inscritas terán a oportunidade de viaxar e coñecer a cultura romana a través da gastronomía da época seguindo unha receita romana. As actividades específicas incluídas na programación estival ‘ Os Veráns na Domus’ compleméntanse coas visitas guiadas que xa se ofrecen no horario de apertura deste xacemento arqueolóxico de Lugo.