Saltar ao contido principal
Xornal

Remata este venres a cuarta e derradeira quenda dos Campus Científicos de Verán coa presentación dos traballos

Actualizada: 24-07-2019 13:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O estudantado de 4º de ESO que, procedente de diversos lugares de España, participou esta semana nos Campus Científicos de Verán 2019, Universidade de Santiago de Compostela,  FECYT,  Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades rematarán, este venres 26, a súa estadía coa lectura dos traballos de investigación. A Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo Moledo asistirá  á presentación dos resultados prevista para as 10.00 horas no  Salón  de  Graos da Facultade de Matemáticas e á posterior entrega de diplomas.

O mércores 24 de xullo, Mª Rosario Moreno Warleta, xefa da Sección da Subdirección Xeral de Bolsas, axuda ao estudo e á promoción educativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, visitou as instalacións onde se levan a cabo os proxectos de investigación, no Campus Vida da USC. Na súa visita estivo acompañada polo profesor Celso Rodríguez Fernández,  Coordinador do Campus Científicos,  e dos responsables dos proxectos, Mª. Victoria Otero Espinar de “ MathematiCSI:Mathematical Scene Investigation”, Franciso J. Otero Espinar de “A maxia dos hidroxeles intelixentes”, Xabier Cid Vidal de “Buscando partículas no maior acelerador da historia: LHC” e Gumersindo Feijoo Costa do proxecto “¿Cómo eliminar a contaminación da auga? ¡Atrévete a investigar e innovar!”

Neste curso que remata, o estudantado asistiu á conferencia “Qué distancia nos separa do firmamento”,, impartida polo profesor Jorge Mira Pérez, fixeron unha excursión a Fisterra e  visitaron o Patrimonio Histórico da USC e o Museo de Historia Natural.