Saltar ao contido principal
Xornal

O Grupo de Compostela de Universidades coordina un proxecto de mobilidade Galeuropa para realizar prácticas laborais

Actualizada: 01-08-2019 13:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Grupo Compostela de Universidade coordina un proxecto de mobilidade Galeuropa a través do que titulados/as recentes da USC poderán optar a tres meses de prácticas laborais subvencionadas en entidades ou empresas de Italia, Reino Unido e Portugal. O prazo para a presentación de candidaturas remata o 9 de agosto e as persoas interesadas poden atopar máis información na web de GCU.

Aberto a menores de 30 anos non ocupados, o programa quere reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais deste colectivo a través da realización de estadías de tres meses. Neste período realizarán prácticas en empresas cunha duración de 100 horas mensuais co valor engadido de reforzar a adquisición de competencias na lingua de traballo do país de destino.